DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2021/250-1, no concello de Ames.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA reconectador de TC no apoio 34-3/1 da LMTA SNT821, no concello de Ames (expediente IN407A 2021/250-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 16 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/250-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA reconectador de TC no apoio 34-3/1 da LMTA SNT821.

Concello: Ames.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data de ocupación

2

Gándara

511

141

Descoñecida

28.8.2023