DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2023 Páx. 51284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público extraordinaria de 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 24 de agosto de 2023 aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria deste concello para o ano 2023, con motivo da asunción polo concello da xestión directa do servizo público da escola municipal, correspondente ás prazas que a continuación se citan:

Persoal laboral fixo

Categoría

laboral

Especialidade

Nº de vacantes

Denominación

Forma de provisión

Grupo I 

Técnico/a de educación infantil 

Educador/a infantil

Concurso-oposición 

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Xunta de Goberno local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

San Cibrao das Viñas, 29 de agosto de 2023

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa