DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51483

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Mediante a Resolución do 15 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 119, do 23 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación das reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), dos seguintes corpos/escalas ou especialidades:

Corpo/escalas

Corpo superior

I. Corpo superior da Administración xeral

II. Escala sistemas e tecnoloxía da información

III. Escala superior de finanzas

IV. Escala superior de estatísticos

Corpo facultativo superior

V. Escala de enxeñeiros:

– Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

– Especialidade de enxeñaría agronómica

– Especialidade de enxeñaría industrial

– Especialidade de enxeñaría de minas

– Especialidade de enxeñaría de montes

– Especialidade de enxeñaría de telecomunicacións

– Especialidade de enxeñaría química

VI. Escala de arquitectos

VII. Escala de veterinarios

VIII. Escala de ciencias:

– Especialidade de bioloxía

– Especialidade de química

– Especialidade de ciencias do mar

– Especialidade de física

IX. Escala de arqueólogos

X. Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos:

– Especialidade de arquivos

– Especialidade de bibliotecas

XI. Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:

– Especialidade de navegación marítima

– Especialidade de pesca marítima

– Especialidade de bioloxía pesqueira

– Especialidade de máquinas e instalacións mariñas

– Especialidade de lexislación marítima

– Especialidade de inglés marítimo

– Especialidade de formación e orientación laboral

– Especialidade de procesos de cultivo acuícola

– Especialidade de intervencións subacuáticas e hiperbáricas

XII. Escala de inspección urbanística:

-Especialidade xurídica

XIII. Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia

XIV. Escala de facultativos:

– Especialidade de medicina

– Especialidade de psicoloxía

– Especialidade de pedagoxía

XV. Escala de expertos/as lingüistas

XVI. Escala de restauración:

– Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos

XVII. Escala superior de sistemas de información xeográfica

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas a través do aplicativo FIDES (https://fides.xunta.gal).

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación, de ser o caso, da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, polo que terán que realizar a proba de coñecemento da lingua galega.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas.

Para iso será necesaria a presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública en que se solicite a devolución, e deberá incluír un número de conta bancaria na epígrafe expediente > datos persoais do aplicativo FIDES. A presentación deste escrito fóra de prazo ou a non inclusión dos datos bancarios na aplicación FIDES suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública