DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51573

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 29 de agosto de 2023 polo que se fai público o acordo de selección de persoal para a cobertura temporal de postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A. do 21 de marzo de 2019,

ACORDA:

Primeiro

Proceder á convocatoria dun procedemento para a elaboración de listas de substitucións para a cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro da empresa Xenética Fontao, S.A., mediante a apertura dun prazo para a inscrición nas citadas listas, a publicidade, baremación das solicitudes, elaboración definitiva das listas e o posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación, de ser o caso.

Segundo

Apertura dun prazo para a inscrición nas seguintes listaxes:

• Oficiais de 2ª peóns.

Terceiro

Documentación que presentarán as persoas interesadas:

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases específicas que para a categoría profesional están publicadas no perfil do contratante da web de Xenética Fontao, S.A. https://www.xeneticafontao.com/perfil.php

Os candidatos deberán achegar a documentación que para a categoría profesional se recolle no punto de «Documentación para presentar» das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse ao director xerente de Xenética Fontao e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas do Rexistro de Xenética Fontao, sitas en Fontao-Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos, mediante correo certificado con xustificante de recepción (neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, deben remitir vía fax ao 982 28 46 26 a acreditación da dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se lle entrega ao cliente por parte da oficina de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e Comisión de Selección

A baremación das solicitudes efectuarase, de acordo coas bases específicas correspondentes á categoría, por unha comisión de selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A., polo director técnico do Centro de Inseminación Artificial/xefe de área, e polo xefe da explotación pecuaria de Xenética Fontao.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.