DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público e bases da convocatoria para a estabilización do emprego temporal.

De acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, mediante a Resolución núm. 2022002342, do 20 de maio, aprobouse a oferta extraordinaria de emprego no Concello de Oleiros para a estabilización do emprego temporal (BOP núm. 99, do 26 de maio, e DOG núm. 103, do 31 de maio de 2022, e corrección de erros no BOP núm. 129, do 8 de xullo, e DOG núm. 161, do 25 de agosto de 2022).

Posteriormente, aprobáronse as convocatorias e bases correspondentes aos procesos selectivos. En concreto, a derivada da disposición adicional sexta da citada norma (sistema selectivo de concurso de méritos), aprobouse mediante a Resolución número 2022006143, do 15 de decembro (BOP núm. 240, do 21 de decembro de 2022, e corrección no BOP núm. 49, do 13 de marzo de 2023, e DOG núm. 22, do 1 de febreiro de 2023).

No BOE núm. 79, do 3 de abril de 2023, publicouse o anuncio que abriu o prazo de presentación de solicitudes.

Logo de presentarse dous recursos de reposición sobre a titulación exixida na categoría de orientador/a profesional (persoal laboral), en que se ofertaban dúas prazas polo sistema de concurso, resolveuse o seguinte:

1. Modificar a oferta extraordinaria de emprego público (BOP núm. 99, do 26 de maio, e DOG núm. 103, do 31 de maio de 2022, e corrección de erros no BOP núm. 129, do 8 de xullo, e DOG núm. 161, do 25 de agosto de 2022) e a correspondente convocatoria do proceso selectivo (BOP núm. 240, do 21 de decembro de 2022, e corrección no BOP núm. 49, do 13 de marzo de 2023, e DOG núm. 22, do 1 de febreiro de 2023), do seguinte xeito:

Onde di:

Persoal laboral

Denominación

Número

Nivel de titulación

Orientador/a profesional

2

Grao en relacións laborais ou equivalente

Debe dicir:

Persoal laboral

Denominación

Número

Nivel de titulación

Orientador/a profesional

2

Grao ou diplomatura (plan antigo) en relacións laborais, psicoloxía, ciencias políticas e socioloxía ou equivalentes

2. Comunicar esta modificación ao persoal que actualmente se atopa ocupando as prazas temporalmente.

3. Notificar esta resolución aos colexios profesionais impugnantes debido á estimación das súas pretensións.

4. Publicar esta modificación da oferta de emprego e da convocatoria, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e posteriormente, unha vez publicadas, inserir un anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, momento este último que sinalará unha nova apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo nesta categoría, e trasladala ao Comité de empresa do Concello de Oleiros.

5. As actuacións levadas a cabo por persoas interesadas no prazo de presentación de solicitudes manterán a súa validez sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria unha vez modificada.

Oleiros, 14 de xullo de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto de alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal