DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, de notificación da resolución pola que se declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños sito na praia da Graña, no Grove.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución ditada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da Consellería do Mar, o 21 de agosto de 2023, pola que se declara a extinción da concesión de actividade dun parque de cultivos mariños titularidade de Gabriel Bea Alfonso, sito na praia da Graña, no Grove (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas na praza de Europa 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Persoas interesadas

Acto que se notifica

Herdeiros descoñecidos de Gabriel Bea Alfonso e María Belén Bea Rodríguez

Resolución do 21.8.2023