DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51586

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 168, do martes 5 de setembro de 2023, substitúese o seu contido polo seguinte:

De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza