DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de dezaseis inmobles situados na aldea modelo de Francos de Proendos, no concello de Sober (Lugo), código MRO01A, expediente AM-22-01.

O 21 de agosto de 2023, CVE tSK72byicjY2, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordou o inicio dun procedemento de investigación da titularidade dos bens inmobles, coas características que permiten identificar o ben ou o dereito obxecto de investigación, de conformidade co artigo 19.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e a medida cautelar de integrar transitoriamente no Banco de Terras de Galicia e a súa entrega, para a súa xestión provisional pola Axencia, das parcelas que carecen de posuidor, de conformidade co seu artigo 19.14, que se relacionan no anexo.

Remitiráselle unha copia do anuncio ao Concello e mais á xefatura territorial correspondente onde radique o ben ou o dereito para a súa exposición ao público no taboleiro de edictos da dita entidade e da unidade durante un prazo de vinte días. Así mesmo, o anuncio será publicado na epígrafe específica da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/investigacion-titularidade/

Remitiráselle unha copia do anuncio á Administración xeral do Estado, para os efectos de que poida alegar, se é o caso, a súa titularidade sobre o ben e, en particular, a data de vacancia do ben anterior á entrada en vigor desta lei ou a existencia dun procedemento administrativo de investigación da titularidade dese ben.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de exposición no taboleiro de edictos do Concello, as persoas afectadas polo procedemento de investigación, así como tamén a Administración xeral do Estado, poderán alegar, por escrito, canto consideren conveniente, para o cal deberán achegar os datos, antecedentes ou documentos que consideren pertinentes para fundar o seu dereito, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En todo caso, as persoas indicadas deberán presentar, de existiren, os títulos escritos en que se funde o seu dereito e declarar os gravames e situacións xurídicas que coñezan e afecten os seus predios ou dereitos.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

– Relación de bens inmobles obxecto de investigación da titularidade

Referencia catastral

Polígono

Parcela

27059A07300534

73

534

27059A07300683

73

683

27059A07300531

73

531

27059A07300473

73

473

27059A07300640

73

640

27059A07300639

73

639

27059A07300475

73

475

27059A07300632

73

632

27059A07300676

73

676

27059A07300533

73

533

27059A07300529

73

529

27059A07300652

73

652

27059A07300661

73

661

27059A07300660

73

660

27059A07300537

73

537

27059A07100635

71

635

– Relación de bens inmobles obxecto de integración transitoria no Banco de Terras de Galicia

Referencia catastral

Polígono

Parcela

27059A07300534

73

534

27059A07300683

73

683

27059A07300531

73

531

27059A07300473

73

473

27059A07300640

73

640

27059A07300639

73

639

27059A07300475

73

475

27059A07300632

73

632

27059A07300676

73

676

27059A07300533

73

533

27059A07300529

73

529

27059A07300652

73

652

27059A07300661

73

661

27059A07300660

73

660

27059A07300537

73

537

27059A07100635

71

635