DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 255/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 255/2023, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 212, do 7 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública