O Concello de Vilanova de Arousa empraza as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de recuperación de servidume de tránsito e senda peonil desde a praia das Patiñas ata o límite deste concello co de Cambados, no termo municipal de Vilanova de Arousa.
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que se indica no anexo porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez tentada esta, non se puido practicar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas dispoñerán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste concello, sito na Praza do Concello, 1, Vilanova de Arousa, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vilanova de Arousa, 1 de setembro de 2023
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde
ANEXO
|
Predio |
Obra |
Persoa interesada |
Acto notificado e data |
|
579 |
Recuperación de servidume de tránsito e senda peonil desde a praia das Patiñas ata o límite do concello de Vilanova de Arousa co de Cambados, no termo municipal de Vilanova de Arousa |
En investigación, art. 47 da Lei 33/2003 |
Levantamento das actas previas á ocupación e formalización das actas de ocupación definitiva 27 de setembro 2023 Das 10.00 ás 12.00 horas |
|
753 |
Portas Leiro, Dolores |
||
|
754 |
Barbanera |
||
|
763 |
Santa Marina |
||
|
765 |
En investigación, art. 47 da Lei 33/2003 |
||
|
770 |
En investigación, art. 47 da Lei 33/2003 |
||
|
771 |
En investigación, art. 47 da Lei 33/2003 |
||
|
772 |
Pérez Lafuente |
||
|
824 |
Descoñecido |
||
|
825 |
Descoñecido |
||
|
1104 |
Descoñecido |
