DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2023.

Na Resolución da Alcaldía nº 2023-0614, do 30 de xuño, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio de 2023, coa especificación das prazas relacionadas xunto coa súa denominación e clasificación:

Persoal funcionario de carreira. Taxa de reposición de efectivos.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Titulación

Provisión

1

Inspector de policía

A

A2

Adm. especial

SS especiais

Grao universitario

Promoción interna

2

Policía local

C

C1

Adm. especial

SS especiais

Bacharelato ou equivalente

Quenda libre

1

Administrativo/a

C

C1

Adm. xeral

Administrativa

Bacharelato ou equivalente

Quenda libre

1

Bibliotecario/a

A

A2

Adm. especial

Técnica

Grao universitario

Quenda libre

Persoal laboral fixo. Taxa de reposición de efectivos.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Titulación

Provisión

2

Limpador/a

5

5B

Non se require

Quenda libre

O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase rexeitado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, entón os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.

Moaña, 8 de agosto de 2023

Leticia Santos Paz
Alcaldesa