DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52516

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:

a) Que estiveran contratadas na modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e que non renunciasen ao contrato.

b) Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2022.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes e tras constatar que non existían causas de exclusión en ningunha delas, o día 2 de agosto de 2023 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria. A Comisión de Selección elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas. Non se estableceu ningunha lista de espera debido a que no ámbito das universidades do SUG o número de solicitudes presentadas foi inferior ao de axudas convocadas e, no ámbito doutras entidades solicitantes do artigo 2 da convocatoria, o número de solicitudes presentadas foi igual ao de axudas convocadas.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 21 de agosto de 2023, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 14 de xuño de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo.

Segundo. Non se establece unha lista de agarda xa que hai un número igual ou inferior de solicitudes que axudas convocadas.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas no citado anexo entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 16 de setembro de 2023.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 16 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

Total

10.03.561B.444.0

USC

8

20.666,64

312.000,00

311.333,36

644.000,00

10.03.561B.744.0

40.000,00

80.000,00

80.000,00

200.000,00

Total

60.666,64

392.000,00

391.733,36

844.000,00

10.03.561B.444.0

UVIGO

8

20.666,64

312.000,00

311.333,36

644.000,00

10.03.561B.744.0

40.000,00

80.000,00

80.000,00

200.000,00

Total

60.666,64

392.000,00

391.733,36

844.000,00

Total SUG

121.333,28

784.000,00

782.666,72

1.688.000,00

Demais entidades: 3 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

Total

05.A2.561A.403.0

(2016 00004)

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

2.583,33

39.000,00

38.916,67

80.500,00

05.A2.561A.703.0

(2016 00004)

5.000,00

10.000,00

10.000,00

25.000,00

Total

7.583,33

49.000,00

48.916,67

105.500,00

05.A2.561A.403.0

(2016 00004)

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

1

2.583,33

39.000,00

38.916,67

80.500,00

05.A2.561A.703.0

(2016 00004)

5.000,00

10.000,00

10.000,00

25.000,00

Total

7.583,33

49.000,00

48.916,67

105.500,00

05.A2.561A.481.0

(2016 00004)

Fundación Profesor Novoa Santos

1

2.583,34

39.000,00

38.916,66

80.500,00

05.A2.561A.781.0

(2016 00004)

5.000,00

10.000,00

10.000,00

25.000,00

Total

7.583,34

49.000,00

48.916,66

105.500,00

Total outras entidades

22.750,00

147.000,00

146.750,00

316.500,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación e presidenta da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Axudas concedidas

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº exp.

Entidade

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntos finais

ED481D 2023/012

USC

Gonzalo Pérez de Lis Castro

Ciencias

90,00

ED481D 2023/013

USC

Xabier García Feal

Ciencias

86,00

ED481D 2023/010

USC

Alberto Pardo Montero

Ciencias da saúde

85,00

ED481D 2023/016

USC

María Jesús García Guimarey

Enxeñaría e arquitectura

83,00

ED481D 2023/011

USC

Pablo Souza Alonso

Ciencias

83,00

ED481D 2023/008

USC

Marta Castiñeira Reis

Ciencias

82,00

ED481D 2023/014

USC

Juan José Parajó Vieito

Ciencias

78,00

ED481D 2023/001

USC

Lorena Maneiro Boo

Ciencias sociais e xurídicas

76,50

Universidade de Vigo.

Nº exp.

Entidade

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntos finais

ED481D 2023/006

UVIGO

Miguel Ángel Álvarez Vázquez

Arte e humanidades

98,00

ED481D 2023/015

UVIGO

Aida María Díez Sarabia

Enxeñaría e arquitectura

92,00

ED481D 2023/002

UVIGO

Raquel Fernández González

Ciencias sociais e xurídicas

86,63

ED481D 2023/005

UVIGO

Jesús Balado Frías

Enxeñaría e arquitectura

84,00

ED481D 2023/003

UVIGO

Martín Pérez Pérez

Enxeñaría e arquitectura

83,00

ED481D 2023/009

UVIGO

Ana Sousa Castillo

Ciencias

77,89

ED481D 2023/007

UVIGO

Andreu Blanco Cartagena

Ciencias

76,18

ED481D 2023/018

UVIGO

Víctor Hernando Morales

Ciencias

75,79

Outras entidades.

Nº exp.

Entidade

Persoa investigadora

Rama de coñecemento

Puntos finais

IN606C-2023/003

Fundación Profesor Novoa Santos

Marta Varela Eirín

Ciencias da saúde

96,4833

IN606C-2023/001

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

María López Acosta

Ciencias

89,0000

IN606C-2023/002

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

David García Casas

Artes e humanidades

80,0000