DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de ordenanza, persoal funcionario, pertencente á escala da Administración xeral, subescala subalterna, incluída na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 155, do 16 de agosto de 2023, foron publicadas integramente as bases específicas que van rexer a convocatoria para prover en propiedade unha praza vacante neste concello coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– 1 (unha) praza de ordenanza da escala da Administración xeral, subescala subalterna (grupo E/AP).

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 17 de agosto de 2023

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde