DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, en comisión de servizos, do posto de traballo número 22 da relación de postos de traballo, denominado xefe/a do Servizo de Recursos Humanos.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense encóntranse expostas as bases da convocatoria para a provisión, en comisión de servizos, durante o prazo dun ano prorrogable por outro máis (salvo provisión definitiva durante os ditos prazos), do posto de traballo número 22 da relación de postos de traballo, denominado xefe/a do Servizo de Recursos Humanos.

Así mesmo, publicouse no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 189, do 18 de agosto de 2023.

O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base quinta, de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.

Ourense, 22 de agosto de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde