DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52684

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 5 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2023/24, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).

BDNS (Identif.): 715886.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fora de ámbito do programa “Erasmus+”

Segundo. Obxecto

Convocar en réxime de concorrencia competitiva bolsas destinadas ao ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fóra de ámbito do programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 284.000 €.

Cada bolsa terá unha dotación de 1.700 € para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29 de xullo de 2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades