No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 299, do 31.12.2022, publicouse a aprobación das bases xerais e específicas para a provisión dos postos mediante o proceso extraordinario de estabilización e consolidación de emprego de carácter temporal de 2022, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, relativas ás seguintes convocatorias:
– Unha praza de técnico superior (pedagogo) do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo I, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo II, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de educador familiar do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo II, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de técnico de información, orientación e prospección do emprego, do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo II, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de traballador/a social do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo II, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de administrativo/a do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo III, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Tres prazas de monitor de ocio e tempo libre do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo IV, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Unha praza de monitor deportivo do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo IV, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
– Catro prazas de auxiliar administrativo do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo IV, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
O Pereiro de Aguiar, 25 de agosto de 2023
Luis Menor Pérez
Alcalde