DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53163

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de setembro de 2023 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 20 de marzo de 2023 (Diario Oficial Galicia número 65, do 3 de abril).

A Orde do 20 de marzo de 2023 (DOG núm. 65, do 3 de abril), pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29 de xullo de 2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23

Nº de inscrición

Apelidos e nome

Cód. do centro

Centro educativo

Importe

2369000502

Aguión Rodríguez, Sabela

36019281

CPR Sek-Atlántico

1.000 €

2336000680

Alamancos Balboa, Manuel

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

1.000 €

2314000461

Álvarez Guillemet, Fernando Javier

15005579

IES Plurilingüe Elviña

1.000 €

2345000469

Armesto Méndez, Irene

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2301000537

Carballude González, Héctor

32009190

IES As Lagoas

1.000 €

2359000448

Cerviño Portela, Lu

15014568

IES Número 1

1.000 €

2393000436

Corredoira Coira, Pilar

27006553

IES Xoán Montes

1.000 €

2350000964

Davó Fernández, Sol

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000 €

2356000331

Díaz López, Paula

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000 €

2386000760

Dorribo González, Iker

27007247

IES Francisco Daviña Rey

1.000 €

2357000431

González Batán, María

36019670

IES do Castro

1.000 €

2332000704

González Herreros, Fernando

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

1.000 €

2333000542

Huéscar Vale, Jorge

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000 €

2378000853

Pascual Sanderson, Eliana

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

1.000 €

2313000505

Pena Vázquez, Xurxo

15002591

IES Monte Neme

1.000 €

2320000809

Pérez Quintana, Sabela

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

1.000 €

2311000494

Rodríguez Rodríguez, María

15020544

IES de Ortigueira

1.000 €

2309000503

Suárez Cordero, Xabier

36000922

IES María Soliño

1.000 €

2352000463

Táboas Pazo, Sebastián

36024781

IES do Barral

1.000 €

2312000939

Tajuelo Arenas, Jacobo

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €