DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53482

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 29 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal