DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53643

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019.

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG número 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta convocatoria por parte das dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación das dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas para a elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas do subgrupo o que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para acceder á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non reciba correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou que seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino, e non cumpran os requisitos para ser declaradas en excedencia, ou que non presenten a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que queden sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº de orde de elección

Nº de orde no proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Acceso

1

298

***1555**

Blázquez Rodríguez, Sonia

Libre

2

299

***0663**

Bernedo Loureda, María Jesús

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

Observ.

106

PSC994080036560128

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

112

PSC994080036560167

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

114

PSC994080115570183

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

117

PSC994080115570109

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

123

PSC994080115570170

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

126

PSC994080115570132

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

131

PSC994080115570164

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

132

PSC994080036560223

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

135

PSC994080115570123

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

144

PSC994080036560187

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

146

PSC994080036560208

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

151

PSC994080115570181

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

152

PSC994080115570097

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

155

PSC994080115570142

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

159

PSC994080115570146

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

162

PSC994080036560144

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

163

PSC994080036560202

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

168

PSC994080115570185

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

169

PSC994080215770150

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

171

PSC994080115570143

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

172

PSC994080215770110

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

173

PSC994080115570131

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

177

PSC994080115570155

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

178

PSC994080115570148

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

179

PSC994080115570173

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

180

PSC994080215770155

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

181

PSC994080115570136

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

194

PSC994090136440175

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

195

PSC994080036560133

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

197

PSC994080115570184

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

198

PSC994080215770116

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

199

PSC994080115570205

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

201

PSC994080115570118

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

204

PSC994090136440190

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

206

PSC994080115570199

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

207

PSC994080115570176

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

209

PSC994090136440157

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

210

PSC994080115570171

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

212

PSC994080115570167

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

213

PSC994080215770149

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

214

PSC994080115570188

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

215

PSC994090136440184

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

219

PSC994080115570174

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

220

PSC994080115570203

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

222

PSC994080036560164

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

224

PSC994090136440198

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

229

PSC994080115570201

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

230

PSC994080115570204

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

231

PSC994080115570207

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

232

PSC994080115570128

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

234

PSC994090136440156

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

235

PSC994080115570211

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

236

PSC994080115570212

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

237

PSC994080115570213

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

238

PSC994080215770164

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

241

PSC994080036560151

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

251

PSC994080036560275

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

252

PSC994090136440195

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

256

PSC994080215770162

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

258

PSC994080036560206

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

259

PSC994080115570179

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

261

PSC994080115570101

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

262

PSC994080115570129

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

263

PSC994090136440166

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

265

PSC994090136440169

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

266

PSC994090136440134

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos Periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

267

PSC994080115570139

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

269

PSC994080115570198

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos Periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

272

PSC994080036560137

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

275

PSC994080036560215

Auxiliar de clínica

PS

Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Vigo)

Servizos Periféricos

Vigo

C2

15

Horario especial

276

PSC994080215770132

Auxiliar de clínica

PS

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela)

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

15

Horario especial

298

PSC994080127085177

Auxiliar de clínica

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos Periféricos

Burela

C2

15

Horario especial

299

PSC994080127085178

Auxiliar de clínica

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos Periféricos

Burela

C2

15

Horario especial

300

PSC994080127085179

Auxiliar de clínica

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos Periféricos

Burela

C2

15

Horario especial

301

PSC994080127085180

Auxiliar de clínica

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos Periféricos

Burela

C2

15

Horario especial

302

PSC994080127085181

Auxiliar de clínica

PS

Residencia de Maiores (Burela)

Servizos Periféricos

Burela

C2

15

Horario especial