DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53656

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do único exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.

En sesión que tivo lugar o 19 de setembro de 2023, este tribunal nomeado por Resolución do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil (DOG núm. 140, do 24 de xullo),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, anunciar que o único exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición terá lugar o 1 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón número 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

As persoas aspirantes deberán presentarse ao único exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución u doutro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade; así como de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao pavillón en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal