DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de encargado/a de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 157, do 16 de agosto de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de encargado/a de obras e servizos, persoal laboral, subgrupo III, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilaboa, 25 de agosto de 2023

César Poza González
Alcade