DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián da VAC Tui-A Guarda, treito II PO-350 (3+760)-PO-552 (12+000), no concello de Tomiño (Pontevedra) (expediente 2021/0087).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 11 de setembro de 2023, do proxecto de reformulación do treito PO-350-Goián da VAC Tui-A Guarda, treito II PO-350 (3+760)-PO-552 (12+000), no concello de Tomiño (Pontevedra), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático