DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54099

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2023 polo que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

O contido da resolución pola que se fai pública a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización, convocado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, así como da proposta de nomeamento como persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal

Contra o acordo de aprobación da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso comezará o día seguinte ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anuncio de aprobación da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, ben por medios electrónicos, de acordo co sinalado nas bases para a presentación de solicitudes, ou ben por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, caso en que deberá notificar o envío da documentación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia mediante correo electrónico a cidade.cultura@xunta.gal, no mesmo día da presentación.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia