DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54451

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo).

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución, na categoría que nel se indica.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

***6778**

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

***9904**

Curros Bermúdez, Leonardo

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***7332**

Ferreiro González, María Monserrat

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***6822**

García Núñez, Marcos

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***5535**

Gil Rodríguez, Andrés

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***0786**

Gómez Barreiro, Sergio

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***8462**

Gutiérrez Serantes, Manuel

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***2770**

Rodríguez Rodríguez, José Antonio

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

***3536**

Alves Senra, Olegario

A.S. da Coruña e Cee

Hospital Público Virxe da Xunqueira

Cee

-

***0680**

Bermúdez Seoane, Óscar Miguel

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***6272**

De Almeida Pereira, Carlos Manuel

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***1047**

García Cerqueiro, José Ramón

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de

Galicia-061-A Estrada

Estrada, A

-

***6634**

Herrera Torrado, David

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***9959**

Lamas Codesido, María Isabel

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***2101**

Pais Paz, Rubén

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***5820**

Pazos Alves, Patricia

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***3960**

Ramberde Irimia, Iván

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***8117**

Rey Carbón, Javier

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***5327**

Serantes González, Juan Ignacio

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***3347**

Treus Castro, Gregorio

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Hospital Público da Barbanza

Ribeira

-

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

***9197**

Montero Santoveña, Gustavo Alberto

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

-

***9658**

Mosquera Mato, Diego

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***5099**

Santos García, Marcos

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***7326**

Sesar Cajaraville, Jesús Manuel

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de

Galicia-061-A Estrada

Estrada, A

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.