Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a.
A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos o 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).
Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de cociñeiro/a, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.
Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.
Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.
Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
DNI |
Apelidos e nome |
Centro directivo |
Centro |
Concello |
Quenda |
***6344** |
Arias Lago, José Ramón |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***9117** |
Cabarcos Vizoso, David |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Lugo |
- |
***4596** |
Caldeiro Pérez, Álvaro |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Lugo |
- |
***1792** |
Calvo Varela, María Jesús |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***8942** |
Castro Bailón, María José |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ourense |
- |
***9041** |
Dosil Martínez, Mónica |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***8635** |
Esperato Vázquez, Lourdes |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Valdeorras |
Barco de Valdeorras, O |
- |
***2457** |
Feijoo Losada, Pilar |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ourense |
- |
***2940** |
Fernández Suárez, José Antonio |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***7987** |
Freire Mella, Mónica |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***5968** |
López Fernández, José Ramón |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***7210** |
López Ruzo, Sonia |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Santiago de Compostela |
- |
***7863** |
López Santiago, Ana Belén |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***7951** |
Manso Bellas, Marta |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Lugo |
- |
***9821** |
Martínez Estévez, José Manuel |
A.S. de Pontevedra e O Salnés |
A.S. de Pontevedra e O Salnés |
Pontevedra |
- |
***5110** |
Otero Viana, Ana Belén |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ourense |
- |
***1079** |
Parga Taboada, María Isabel |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ourense |
- |
***3710** |
Pena Juncal, Laura |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Santiago de Compostela |
- |
***7173** |
Pisos Otero, Silvia |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Santiago de Compostela |
- |
***8890** |
Rey Villamayor, Benjamín |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Santiago de Compostela |
- |
***5301** |
Sánchez Piñeiro, Ana Isabel |
A.S. da Coruña e Cee |
A.S. da Coruña e Cee |
Coruña, A |
- |
***8594** |
Vázquez Gómez, María Concepción |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público de Valdeorras |
Barco de Valdeorras, O |
- |
***9877** |
Vázquez Rodríguez, José Andrés |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ourense |
- |
***1710** |
Vilasuso Bellas, Susana |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Lugo |
- |
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.