DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54480

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo).

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social.

A base novena desta resolución dispón que o/a aspirante que, dentro do prazo fixado, non presente a documentación ou do exame desta se deduza que carece dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderá ser nomeado/a persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións. Así mesmo, o/a aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non seleccionase todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún polos que optase, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas mesmas, logo da acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base novena da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, excluír do proceso selectivo para o acceso á categoría a aspirante María Isabel Otero Fernández, con DNI ***3657**, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da súa participación no procedemento, e declarar no seu lugar, como aspirante seleccionada logo da acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos, a Begoña Lehmkuhl Deiros, con DNI ***4485**.

Segundo. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Terceiro. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de traballador/a social, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Cuarto. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Quinto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1406**

Bamio Graña, Marta

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***2318**

Braña López, Pablo

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***0120**

Casas Fernández, Alejandro

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***0740**

Castro Barca, María José

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***8889**

Codesido Fuciños, Francisca

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***7328**

Daponte Barcala, Leticia María

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***1470**

Feijoo Alén, Sonia

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ribadavia-O Carballiño

Ribadavia, Carballiño, O

Mañá

***4768**

Feijoo Álvarez, Lourdes

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***7108**

Fernández López, Alicia

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***1206**

Fraga Parafita, María Isabel

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***9105**

García Bustelo, Carlos Javier

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***3664**

García Gay, Cristina

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***6122**

González Rodríguez, Rosa María

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***1906**

González Torea, Mónica

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***2264**

Guntín Vázquez, Antonio Luis

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***5319**

Iglesias Rajo, Celia

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***2200**

Juncal Montes, Marta

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***1567**

Leclere Rodríguez, Beatriz

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***4485**

Lehmkuhl Deiros, Begoña

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

***6990**

Lema Lema, Antonio Francisco

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***9956**

López Penedo, Xiana

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Noia

Noia

Mañá

***7057**

López Pernas, María Victoria

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***3457**

López Villar, Raimundo

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***1892**

Louro Couselo, Laura

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***6349**

Meijide Chas, Ana Iria

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***2362**

Méndez Iglesias, María del Carmen

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***5619**

Novoa Guede, Luis

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***9747**

Pena López, Laura

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Vilalba

Vilalba

Mañá

***9292**

Pérez Barcia, María José

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***1986**

Porto Piñón, Gloria María

A.S. da Coruña e Cee

Hospital Público Virxe da Xunqueira

Cee

-

***9481**

Ramos Zotes, Catalina

A.S. de Vigo

Cangas

Cangas

Desprazable

***7335**

Regengo Pedreira, Cristina

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***9227**

Río Temes, Sandra

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***1254**

Rodríguez Millara, Ramona

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***9903**

Rodríguez Sierra, Miriam

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***1846**

Romero Vieira, María Victoria

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***8269**

Sabucedo Rodríguez, Elisa

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***5783**

Sánchez González, María Luisa

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

-

***0831**

Seoane Brocos, Sergio

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***7536**

Sieiro Hermida, Ana María

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***8990**

Sordo Fraga, María Azucena

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***0610**

Suárez Beiroa, Begoña

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***2538**

Torneiro Ron, María Carmen

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

***9907**

Valiño Rodríguez, Nuria

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***3591**

Vilar Pumares, Maira

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***8501**

Vilas Fernández, Concepción

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Negreira-Santa Comba-A Baña-Mazaricos

Negreira, Santa Comba, Baña, A, Mazaricos

Mañá

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.