DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54473

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo).

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de condutor/a, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***4240**

Domínguez Mota, Francisco Javier

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***6263**

Ferreiro Santos, Santiago

A.S. da Coruña e Cee

Casa do Mar PAC

Coruña, A

PAC

***7505**

García Iglesias, Fernando

A.S. de Vigo

Vigo PAC

Vigo

PAC

***0706**

Garrido Ogando, Marcos

A.S. de Vigo

A.S. de Vigo

Vigo

-

***1382**

Gómez Botana, Jesús Manuel

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***7342**

López Castro, María Luz

A.S. de Ferrol

A.S. de Ferrol

Ferrol

-

***6682**

Paz Santos, Juan Carlos

A.S. de Vigo

Vigo PAC

Vigo

PAC

***9865**

Rodríguez Martínez, Plácido

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra

-

***8217**

Rodríguez Vilabrille, Pablo

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***9745**

Sánchez Balsa, José Alejandro

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

***6175**

Sarabia Bardanca, Alfonso

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

***4731**

Torres Martínez, José Antonio

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos-Ados

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos-Ados-Ourense

Ourense

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.