DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefa/e do Servizo de Administración Electrónica.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 158, do 17 de agosto de 2023, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefa/e do Servizo de Administración Electrónica.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 4 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e
do 28.6.2023 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal