DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 46615, é preciso corrixir o último parágrafo, onde di: «...o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica...», debe dicir: «...o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica...».