DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54745

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a superior de xestión e técnico/a superior de investigación, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 7 de decembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 7 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 27 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas de técnico/a superior de xestión e dun técnico/a superior de investigación, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a superior de xestión e técnico superior de investigación, ás persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Presidente do Consello Reitor do Centro de Investigación
en Tecnoloxía Matemática de Galicia

ANEXO

Categoría laboral: técnico/a superior de xestión

Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6301***

Gayoso Taboada, Rubén Antonio

2

***0929***

Castro Novo, Adriana María

3

***4212***

Fuentes Enjamio, Ariana

Categoría laboral: técnico/a superior de investigación

Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***1435***

Álvarez Castro, Gabriel