DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2023 pola que se adxudican as axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do Programa Neotec e Neotec Mulleres (convocatoria 2022), convocadas pola Resolución do 2 de xuño de 2023 (Programa Recuperación Excelencia Neotec).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño de 2023 (DOG nº 116, do 20 de xuño), convocáronse as axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos do Programa Neotec e Neotec Mulleres Emprendedoras do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E. (CDTI) nas súas convocatorias do ano 2022. Programa Recuperación Excelencia Neotec (código de procedemento IN870A).

No seu artigo 22 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 19 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 20.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 29 de agosto de 2023 pola comisión de selección,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas para o desenvolvemento de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras a todas as solicitudes que superaron os criterios de elixibilidade indicados na Resolución do 2 de xuño de 2023 que figuran como anexo I a esta resolución (ordenadas por número de expediente). O importe total das axudas concedidas é 2.385.170,45 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025

05.A2.561A.770.0 (CP 2016 00013)

246.940,03 €

1.316.920,27 €

821.310,15 €

2. A desestimación das solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 60 puntos, de conformidade co disposto no artigo 19.2 das bases reguladoras, relacionadas no anexo II.

3. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 30 da resolución de convocatoria.

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 28 e 29 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 27.

5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante a presidenta da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Entidades beneficiarias

Cód. expediente

Nome da entidade

NIF

Puntuación total

Orzamento total

Axuda total

Axuda anualidade 2023

Axuda anualidade

2024

Axuda anualidade

2025

002_IN870A_2023

Nanocel

Technology, S.L.

B02852234

70,10

381.956,00

324.662,60

12.264,65

139.745,95

172.652,00

006_IN870A_2023

Ieco Desarrollo Digital, S.L.

B02789733

66,85

353.173,00

300.197,05

14.610,86

126.934,64

158.651,55

007_IN870A_2023

IN2AI

Intelligence, S.L.

B88572649

60,40

399.450,00

325.000,00

5.939,42

143.766,43

175.294,15

008_IN870A_2023

Cadilla Improvisa APP, S.L.

B05361589

60,75

318.534,00

222.973,80

36.087,10

186.886,70

0,00

009_IN870A_2023

Science and Business, S.L.

B02687549

61,45

487.047,00

325.000,00

28.553,20

168.180,95

128.265,85

010_IN870A_2023

Uarx Space, S.L.

B27881531

64,85

279.220,00

237.337,00

43.071,03

194.265,97

0,00

011_IN870A_2023

Sparks, Circuits and Robotics, S.L.

B27872753

63,30

412.415,00

325.000,00

16.066,58

122.486,82

186.446,60

013_IN870A_2023

Kreios Space, S.L.

B05474267

62,50

454.176,00

325.000,00

90.347,19

234.652,81

0,00

ANEXO II

Solicitudes desestimadas por non acadar a puntuación mínima (60 puntos)

Cód. expediente

Nome da entidade

NIF

001_IN870A_2023

Movum Tech, S.L.

B88613864

003_IN870A_2023

Soluciones Digitales Oasis, S.L.

B16822819

004_IN870A_2023

Brand4impact, S.L.

B01753326

005_IN870A_2023

Tekvisa Engineering, S.L.

B27875228