DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 15 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativos P.O. 186/2023, relacionado cos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 186/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,15 de setembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública