DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54960

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Exposicións e Congresos A Estrada

ANUNCIO de publicación das baremacións definitivas dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización (grupo I tesoureiro/a e grupo III administrativo/a).

Mediante senllas resolucións do 21 de setembro de 2023, da presidenta dos tribunais, publícase a baremación definitiva dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías grupo I tesoureiro/a e grupo III administrativo/a da Fundación Pública Exposicións e Congresos A Estrada.

Ambas as resolucións publicaranse no portal web corporativo da Fundación Pública Exposicións e Congresos A Estrada www.feiradomoble.gal

A Estrada, 22 de setembro de 2023

José López Campos
Presidente do Comité Executivo