DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55232

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novas solicitudes a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

Advertido un erro no citado anuncio publicado no DOG nº 185, do 28 de setembro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 54959, no sumario, onde di:

«ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novas solicitudes a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal».

Debe dicir:

«ANUNCIO polo que se convocan os procesos selectivos derivados da oferta de emprego público aprobada polo Decreto 209/2022 para a cobertura de diferentes postos de persoal laboral».