DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55150

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír as seguintes persoas na relación definitiva de aspirantes admitidos/as no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2) dos seguintes corpos/escalas ou especialidades:

– Corpo auxiliar da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento de galego

***3578**

Barreiro Insua, María Isabel

Libre

Si

***5257**

Calo Torrado, Ana Isabel

Base I.1.1

Si

– Corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX):

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento de galego

***7168**

Lorenzo Grandio, María Norma

Libre

Si

– Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento de galego

***4811**

Veiga Freire, María Fátima

Base I.1.1

Si

– Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento de galego

***7277**

Prado Mosquera, María José

Libre

Si

– Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de cociña:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento de galego

***3265**

Rodríguez Piñeiro, María Luisa

Libre

Si

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Excluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidos/as no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2) do seguinte corpo/escala:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***9724**

Soto Rocha, Noemí

Libre

Desistencia da solicitude

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública