DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 54993

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 28 de abril de 2023 (código de procedemento PL500E).

A Orde do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 91, do 12 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas as dúas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 16.2 da dita orde, e acompañadas da acta da Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 desa orde e da resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 28 de abril de 2023,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicarlles as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade do Algarve

Domínguez Márquez, Iria

***9163**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Universitat de Barcelona

Herrera Alfaya, Rodrigo

***5074**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Freie Universität Berlin

Santomé Regueira, Miguel

***9227**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Universidade de Extremadura

Fernández Martínez, Lara

***7441**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Universidade de Granada

Kerdudo Baxter, Argantael Alva

***8865**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Universidade Nova de Lisboa

Pardo Álvarez, Héctor

***5859**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Università degli Studi di Padova

Basalo Bembibre, Pedro

***3525**

Desde o 1.10.2023 ata o 30.9.2026

Universidade de Sâo Paulo

Leszkiewicz, Lukasz Daniel

***0115**

Desde o 1.1.2024 ata o 31.12.2026