Por resultar descoñecido o enderezo das persoas interesadas, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno o xefe territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 21 de setembro de 2023
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-2004/010, conta 358.
Interesado: DNI 33299382M.
Acto obxecto de notificación: liquidación por resolución de contrato de alugueiro.