DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de setembro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de urbanización das fases IV, V e VII-A do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo).

De conformidade co establecido na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o proxecto de urbanización das fases IV, V e VII-A do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras, foi aprobado inicialmente e sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo