De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para o ano 2019.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Procedemento: axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).
Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda.
Persoa que se vai notificar:
Expediente número: 15/50052/19.
DNI da persoa interesada: 54654788A.