De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro) faise pública a relación de convenios subscritos:
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Aportación económica da Sociedade |
Convenio de colaboración relativo a actividades de interese xeral entre Sogama e o Concello de Vilanova de Arousa. |
O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Vilanova de Arousa e Sogama para a execución e financiamento das obras de execución do proxecto denominado recollida de augas pluviais en Caleiro-A Cerca, segundo proxecto técnico elaborado pola arquitecta Marta Núñez de Miguel, obra que constitúe un servizo público á poboación do concello no que se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade de Sogama, e que terá incidencia directa na mellora do ambiente e os servizos públicos. |
5.5.2023 |
48.381,20 € |
Cerceda, 8 de setembro de 2023
Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.