O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Amplíase en tres meses o prazo máximo para acordar a aprobación provisional do documento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Vigo.
Segundo. Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.
Terceiro. Comunicar o presente acordo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia e ao Rexistro de Planeamento de Galicia, para os efectos que procedan».
Vigo, 26 de setembro de 2023
O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda