O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola antiga Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, actual Consellería de Economía, Industria e Innovación, nos meses de maio a agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da
Consellería de Economía, Industria e Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, actual Consellería de Economía, Industria e Innovación, nos meses de maio a agosto de 2023
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e á Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2023. |
10.5.2023 |
690.000 € |
Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación Galega do Hidróxeno para o impulso e promoción da alianza industrial galega do hidróxeno verde. |
31.5.2023 |
149.950 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento da minería sustentable. |
12.6.2023 |
80.000 € |
Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime) para o impulso da cadea de valor industrial da eólica mariña en Galicia. |
14.6.2023 |
62.000 € |