DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de dúas prazas de educador/a social.

Resolución número 2395/2023, do 2 de agosto de 2023, do Concello de Arteixo (A Coruña), referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de dúas prazas de educador/a social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 152, do 9 de agosto de 2023, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria, para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda restrinxida de promoción interna, de dúas prazas de educador/a social, persoal laboral indefinido fixo do Concello de Arteixo, unha praza incluída na OEP de 2022 e outra na OEP de 2023.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 9 de agosto de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente