DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55717

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 26 de setembro de 2023 sobre a publicación dos acordos da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais, sobre a baremación definitiva das persoas que superaron o proceso selectivo e a proposta de nomeamento.

Anúnciase a publicación dos acordos do 12 de setembro de 2023 da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, sobre a baremación definitiva das persoas que superaron o proceso selectivo e a proposta de nomeamento.

Os acordos poden consultarse no portal web corporativo da Axencia, no enderezo https://agader.xunta.gal

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023

José Sanlés López
Presidente da Comisión de Selección