DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56057

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 9 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

María del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal