DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56064

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 28 de setembro, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de abril de 2023 (DOG núm. 82, do 28 de abril) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Natalia Crespo González
Presidenta do tribunal