DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56073

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 27 de setembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 12 de xullo de 2023.

Mediante a Orde do 12 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 31 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes no sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 12 de xullo de 2023 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarase desde a dita data.

O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o persoal funcionario, así como o daquel en que acade o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

As dilixencias de cesamento e toma de posesión efectuadas serán tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Emilio Fernando Astray Yepes.

DNI:****672**.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: director da Área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas.

Código: EI.A11.00.005.15770.001.

Centro de destino: Axencia Galega de Innovación.

Consellería: Economía, Industria e Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 24.428,04.

Tipo de adscrición: A11.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) 954 (permiso de conducir B).