DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56134

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2023.

Pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 10 de agosto de 2023, foi adoptado o seguinte acordo:

Aprobar a seguinte oferta de emprego público para o ano 2023, que contén os seguintes postos de traballo:

Quenda libre:

Persoal funcionario

Nº prazas

Denominación

Escala

Grupo

1

Enxeñeiro/a

AE

A1

1

Arquitecto/a técnico

AE

A2

2*

Total

* Prazas incrementadas de conformidade co artigo 20.tres.2 da Lei de orzamentos para 2023.

Promoción interna:

Persoal funcionario

Nº prazas

Denominación

Escala

Grupo

1

Educador/a social

AE

A2

1

Total

En cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/ 2015, do 30 de outubro, e 205 da Lei 2/2015, do emprego de Galicia, publícanse as anteriores ofertas de emprego público do Concello de Silleda, tanto no BOP de Pontevedra como no Diario Oficial de Galicia, así como na sede electrónica e taboleiro de anuncios do Concello.

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer subsidiariamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o acordou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis axeitado en dereito.

Silleda, 13 de setembro de 2023

Manuel Cuíña Fernández
Alcalde