DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, por persoal funcionario de carreira, cinco prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 176, do 14 de setembro de 2023, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, cinco prazas de policía local, pertencentes á escala básica, categoría policía, subgrupo C1, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 3 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2013003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal