DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56347

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de notificación do requerimento para lembrar a obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentarse a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Begonte, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta
de inspección

Localización/Polígono/Parcela

Persoa responsable

20.6.2023

Curro Morica, Carral, Begonte

Pol. 70

Parc. 208

Mª Carmen Corral Veiga

28.8.2023

Begonte, Xesteira

Pol. 121

Parc. 12

Filomena Alvariño Acosta

13.6.2023

Begonte, Prados da Fonte

Pol. 20

Parc. 12

Hros. de Ángel Miragaya Roca

4.8.2023

Begonte, Outeiro

Pol. 60

Parc. 259

Jesús López Ríos

16.8.2023

Begonte, Prados da Fonte

Pol. 20

Parc. 11

Beatriz Guadalupe Redondo Teijeiro

4.8.2023

Begonte, Outeiro

Pol. 60

Parc. 257

Jesús López Ríos

12.8.2023

Begonte, Roza

Pol. 33

Parc. 22

Hros. Antonio Corral Puente

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimiento transcorrido o devandito prazo, o concello realizará sen máis trámites a execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento teran a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimiento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualifación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de realizar a execución subsidiaria, o Concello efectuará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva una vez rematados os traballos, de ser o caso.

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidad co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a conta máxima da sanción será de 100.000 €.

d) Realizarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Begonte, 19 de setembro de 2023

José Ulla Rocha
Alcalde